2020-07-15

Novo spoiler traseiro RLAF2

Continuando coa filosofía de ampliar o abanico de posibilidades na trasformación de vehículos de emerxencia, RLA presenta o novo spoiler traseiro sobre teito RLAF2.

O deseño dinámico e vangardista non deixa en segundo plano o esencial. A visibilidade da ambulancia no modo emerxencia vese notablemente incrementada mentres se reduce o impacto sobre as baterías do vehículo. Isto conséguese grazas á utilización dos novos pilotos LED RLAi3Plus de alto rendemento e baixo consumo.

Outra gran vantaxe é a integración doutros conxuntos funcionais como unha barra de luces direccional traseira bitono (ámbar coa ambulancia parada e azul en movemento) e focos brancos LED de iluminación de área traseira para facilitar a carga ou descarga da padiola en condicións de baixa luminosidade.

RLAF2 pode complementarse cunha ponte de luces dianteiro, pilotos perimetrais e dous módulos laterais sobre teito completamente integrados dando lugar ao conxunto RLAF3 que será presentado proximamente.

 

2020-04-14

Grupo Eljuri doa 20 ambulancias RLA para Ecuador

Rodriguez Lopez Auto forneceu 20 ambulancias Volkswagen Crafter medicalizadas como clinica movil que foron doadas polo Grupo Eljuri ao pobo de Ecuador. As unidades serán postas ao dispor do Ministerio de Saúde Pública na cidade de Guayaquil.

Rodriguez Lopez Auto quere agracer ao Grupo Eljuri e a Volkswagen a súa confianza na nosa empresa para transformar e equipar estas 20 unidades que serán de gran axuda para que Ecuador poida loitar con máis e mellores recursos contra esta pandemia que estamos a sufrir.

https://www.eluniverso.com/guayaquil/2020/04/07/nota/7807929/20-clinicas-moviles-atenderan-pacientes-guayas

https://www.expreso.ec/actualidad/economia/covid-19-20-clinicas-moviles-son-donadas-familia-eljuri-8702.html

https://ecuadornoticias.com/familia-eljuri-dono-20-clinicas-moviles-para-atender-la-emergencia-sanitaria/

 

2020-03-25

Novos teitos interiores RLA

Coa necesidade de reducir o peso do conxunto, mellorar a ergonomía e potenciar o sentido estético,  RLA desenvolve novos teitos interiores para ambulancias asistenciais e non asistenciais que xa se están incorporando ao proceso de produción. Ambas as versións adáptanse perfectamente ás distintas marcas e modelos de vehículo nas distintas batallas utilizadas para a  transformación en ambulancia.

As dúas versións comparten dúas barras de iluminación LED en todo o eixo lonxitudinal, con dúas potencias de luz diferentes e iluminación azul de penumbra. Ademais incorporan os  aireadores de extracción / ventilación para o habitáculo sanitario e permiten a integración de pas porta-soros pregables no conxunto.

A variante asistencial habilita varios puntos de luz focales  orientables adicionais, focos de luz fría, oco para respirador con tomas de osíxeno e corrente integradas e asideros lonxitudinais entre outras opcións que melloran a flexibilidade do deseño interior.

Ambulancia asistencial.

Ambulancia no asistencial.

 

2020-01-27

Primeira Renault Trafic con spoiler integral en teito

Primeiras Renault Trafic con spoiler integral en teito RLAF1 transformadas en ambulancia nas instalacións RLA de Colombia.

 

2019-12-17

Incorporación do galego á actividade empresarial

Rodríguez López Auto presentou o programa de galeguización nun acto de Investidura de Galeguidade Empresarial celebrado nas propias instalacións. O evento, organizado polo Foro E. Peinador e apoiado pola Xunta de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, entre outros innumerables representantes de entidades públicas e privadas.

O programa contempla o uso do galego na actividade da empresa, como documentación externa, páxina web, mensaxes de  contestador, sinalización, comunicacións internas e externas, relacións internas cos traballadores, documentación administrativa e actos sociais.

Posteriormente despregouse unha placa conmemorativa con homenaxe póstuma ao fundador da empresa, José Enrique Rodríguez López, iniciador do proceso.

Como colofón, o dúo formado por Rosa Cedrón e Emilio Rúa amenizou o acto cunha pequena actuación interpretando algunhas cancións populares galegas.

 

1

 

 

Emergalia é unha empresa dedicada á subministración de material médico e de emerxencia sanitaria que dispón dun amplo stock de produtos para entrega inmediata. Consulte as ofertas na nosa web.

www.emergalia.com

Usuario:

Contrasinal:


Esqueceu o seu contrasinal? Póñase en contacto connosco

 Acceso FTP


Copyright © 2011-2020 Rodríguez López Auto. Todo os dereitos reservados · Aviso legal