2019-05-13

RETTmobil 2019

RLA estará presente  na exposición de rescate e  mobilidade  RETTmobil 2019 que se celebrará entre o 15 e o 17 de  maio de 2019 xunto á localidade alemá de Fulda.  

Non evento, referente a nivel europeo, RLA participará coa exposición de tres vehículos equipados coas últimas  novidades en tecnoloxía, deseño e acabados, desenvoltas recentemente polos departamentos de I+D+i.

 

2019-04-09

Homologación de Tipo CE para MAN TGE

Tras a firma do acordo co fabricante automotriz MAN e a realización dos ensaios específicos necesarios para o cumprimento da norma europea de ambulancias de estrada EN 1789, Rodríguez López Auto xa dispón de extensións de homologación de tipo CE para o modelo MAN TGE nas categorias N1 e N2. Deste xeito se amplian as posibilidades de elección do vehículo basee para as transformacións en ambulancia, engadíndose ás marcas MERCEDES- BENZ, VOLKSWAGEN, RENAULT, RENAULT  TRUCKS, FIAT, IVECO e PEUGEOT.

 

2019-03-27

Rodríguez López Auto actualiza o seu logotipo

Rodríguez López Auto moderniza a súa imaxe corporativa actualizando o seu logotipo, cunha estética que salienta os valores de tecnoloxía, investigación, desenvolvemento e innovación presentes na empresa. O emblema coas siglas RLA nace co obxectivo de achegar a marca a mercados internacionais, ofrecendo a filosofía “feito a medida” tan característica na nosa forma de fabricar vehículos especiais.

 

2019-01-17

Ambulancias para o Benemérito Corpo de Bombeiros de Guayaquil

O Benemérito Corpo de Bombeiros de Guayaquil (Ecuador) presentou ante os medios as 25 unidades transformadas en ambulancia por Rodríguez López Auto.

Co obxectivo de renovar a frota, desenvolvéronse 19 unidades de ambulancia Tipo II Mercedes- Benz  Sprinter 4x2 na versión L2 H2, e 6 unidades 4x4 Toyota Land Cruiser para garantir o servizo en zonas de dificil acceso.

Para este último modelo elevouse o teito da carrocería orixinal para conseguir unha altura interior de máis de 1,50 m, dotando á ambulancia dun maior espazo interior nun vehículo destas características, equipando unha padiola, un banco de dúas prazas con cintos de seguridade de dous puntos e mobiliario para almacenar todo o matarial médico e electromedicina necesarios.

En cando ao modelo Sprinter, conserva o deseño que vén desenvolvendo para ambulancias Tipo II baseadas na Norma Internacional Triplo  K, coa incorporación dun banco de tres prazas con cintos de dous puntos, convertible en segunda padiola mediante a utilización do taboleiro  espinal, e con soporte integrado no propio banco. Ademais as 19 unidades equipan o spoiler integral de sinalización de emerxencia 360º, RLAF1.

Ambulancia Toyota Land Cruiser 4x4 Tipo II

Ambulancia Mercedes-Benz Sprinter Tipo II

Enlace de prensa local

Enlace Facebook

 

2018-09-27

V Encontro de Urxencias e Transporte Sanitario

Rodríguez López Auto estará presente no V Encontro de Urxencias e Transporte Sanitario que se celebrará os días 1, 2 e 3 de outubro no Hotel AC Palacio de Santa Ana de Valladolid, onde estarán expostas varias transformacións en ambulancia coas últimas novidades en canto a equipamento.

Esta edición estará organizada polo Servizo de emerxencias de Castela e León (Emerxencias), a Federación Nacional de Empresarios de Ambulancias ( ANEA) e a Asociación de Empresarios de Ambulancias de Castela e León ( ALECA), contando co apoio do Ministerio de Sanidade, Consumo e Igualdade.

Máis información: http://encuentrourgencias2018.grupoaran.com/

 

2

 

 

Emergalia é unha empresa dedicada á subministración de material médico e de emerxencia sanitaria que dispón dun amplo stock de produtos para entrega inmediata. Consulte as ofertas na nosa web.

www.emergalia.com

Usuario:

Contrasinal:


Esqueceu o seu contrasinal? Póñase en contacto connosco

 Acceso FTP


Copyright © 2011-2020 Rodríguez López Auto. Todo os dereitos reservados · Aviso legal