2017-10-04

Conferencia Municipal sobre Catástrofes 2017

Rodríguez López Auto estará presente na Conferencia Municipal de Catástrofes 2017 que terá lugar os días 6 e 7 de outubro en Madrid. Baixo o lema "Axuda a cidade a vivir con seguridade", a Base Central da Casa de Campo acollerá profesionais e voluntarios do sector relacionados con urxencias extrahospitalarias. En paralelo á 24ª edición da conferencia SAMUR, celebrarase o XIX Encontro de Voluntarios de Protección Civil.

Rodríguez López Auto disporá dun espazo expositivo para presentar as últimas novidades na transformación de vehículos en ambulancia, no que os asistentes poderán ver en primeira persoa os deseños, tecnoloxía e acabados, froito do esforzo realizado nos últimos anos para mellorar a calidade, ergonomía e funcionalidade, e colaborar así con profesionais de emerxencia para ofrecer un mellor servizo.

Máis información: www.madrid.es/samur

 

2017-08-30

Novo Spoiler Integral de teito para Iveco Daily

Rodríguez López Auto presenta o novo Spoiler Integral en Teito, nesta ocasión para o modelo de ambulancia Iveco Daily batalla longa e teito elevado (L3 H2). O deseño tamén incorpora novas ópticas e pilotos de alto rendemento, modelado dos  deflectores de alta luminosidade en arco nas esquinas traseiras e nas ópticas sobre cabina para garantir a visibilidade da ambulancia desde calquera ángulo, e electrónica de control de potencia e temperatura que mellora a durabilidade.

Co obxectivo de ofrecer a maior variedade de opcións posibles, Rodríguez López Auto está cada vez máis preto de poder equipar co  Spoiler Integral en Teito a todas as marcas e versións de vehículos que se utilizan en Europa. Actualmente está dispoñible para:

• Mercedes-Benz Sprinter
• Volkswagen Crafter
• Renault Master
• Opel Movano
• Nissan NV400
• Fiat Ducato
• Peugeot Boxer
• Citroën Jumper
• Iveco Daily

 

2017-06-08

Novo Spoiler Integral en Teito para Renault Master

Rodríguez López Auto presenta a nova versión do  Spoiler Integral en Teito para Renault  Master con batalla longa e teito elevado (L3  H2). O deseño incorpora novas ópticas e pilotos de alto rendemento con tecnoloxía LED de última xeración. Ademais o novo modelado dos  deflectores de alta luminosidade en arco nas esquinas traseiras e nas ópticas sobre cabina garanten a visibilidade da ambulancia desde calquera ángulo.

Por outra banda unha electrónica de control de potencia e temperatura monitora e limita o conxunto a favor da durabilidade.

 

2016-11-22

Spoiler Integral en Teito para Peugeot Boxer

Rodríguez López Auto presenta a versión para Peugeot  Boxer do  Spoiler Integral en Teito que comparte características e deseño cos modelos para Mercedes- Benz  Sprinter e Volkswagen  Crafter. A iluminación de emerxencia mediante pilotos  estroboscópicos LED de alta visibilidade e baixo consumo cobre os 360º. Coas dúas cúpulas dianteiras  graduadas en tres niveles, os pilotos continúan por todo o lateral culminando as dúas esquinas traseiras en arco. A barra de luces  direccional traseira intégrase co resto de  estroboscópicos da zona anterior, así como a iluminación de área que abarca os dous costados e a zona de carga/descarga de padiola.

Grazas á compatibilidade entre as carrocerías, os modelos Fiat  Ducato e Citroën  Jumper poden equiparse con este sistema de iluminación de emerxencia apropiado para ambulancias asistenciais dentro ou fóra da norma EN 1789 (ambulancias Tipo  C, Tipo  B ou ambulancias asistenciais non europeas).

Pode ver máis imaxes da transformación en ambulancia Tipo  B da Cruz Vermella Española nesta ligazón.

 

2016-05-24

Homologación de tipo CE para PEUGEOT

Rodríguez López Auto xa dispón de forma oficial a homologación de Tipo CE para a marca PEUGEOT. O modelo elixido foi o furgón BOXER na categoría N1 polas súas grandes posibilidades na transformación en ambulancia de Tipo C e Tipo B.

Xunto coas marcas MERCEDES- BENZ, VOLKSWAGEN, RENAULT, RENAULT  TRUCKS, FIAT e IVECO, PEUGEOT incorpórase a toda a gama de opcións de transformación dentro do marco da norma EN 1789 para as cales a emisión da ficha técnica como ambulancia é directa e a matriculación previa non é necesaria.

 

4

 

 

Emergalia é unha empresa dedicada á subministración de material médico e de emerxencia sanitaria que dispón dun amplo stock de produtos para entrega inmediata. Consulte as ofertas na nosa web.

www.emergalia.com

Usuario:

Contrasinal:


Esqueceu o seu contrasinal? Póñase en contacto connosco

 Acceso FTP


Copyright © 2011-2020 Rodríguez López Auto. Todo os dereitos reservados · Aviso legal