Emergalia é unha empresa dedicada á subministración de material médico e de emerxencia sanitaria que dispón dun amplo stock de produtos para entrega inmediata. Consulte as ofertas na nosa web.

www.emergalia.com

Incorporación do galego á actividade empresarial

Rodríguez López Auto presentou o programa de galeguización nun acto de Investidura de Galeguidade Empresarial celebrado nas propias instalacións. O evento, organizado polo Foro E. Peinador e apoiado pola Xunta de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, entre outros innumerables representantes de entidades públicas e privadas.

O programa contempla o uso do galego na actividade da empresa, como documentación externa, páxina web, mensaxes de  contestador, sinalización, comunicacións internas e externas, relacións internas cos traballadores, documentación administrativa e actos sociais.

Posteriormente despregouse unha placa conmemorativa con homenaxe póstuma ao fundador da empresa, José Enrique Rodríguez López, iniciador do proceso.

Como colofón, o dúo formado por Rosa Cedrón e Emilio Rúa amenizou o acto cunha pequena actuación interpretando algunhas cancións populares galegas.

RETTmobil 2019

RLA estará presente  na exposición de rescate e  mobilidade  RETTmobil 2019 que se celebrará entre o 15 e o 17 de  maio de 2019 xunto á localidade alemá de Fulda.  

Non evento, referente a nivel europeo, RLA participará coa exposición de tres vehículos equipados coas últimas  novidades en tecnoloxía, deseño e acabados, desenvoltas recentemente polos departamentos de I+D+i.

Homologación de Tipo CE para MAN TGE

Tras a firma do acordo co fabricante automotriz MAN e a realización dos ensaios específicos necesarios para o cumprimento da norma europea de ambulancias de estrada EN 1789, Rodríguez López Auto xa dispón de extensións de homologación de tipo CE para o modelo MAN TGE nas categorias N1 e N2. Deste xeito se amplian as posibilidades de elección do vehículo basee para as transformacións en ambulancia, engadíndose ás marcas MERCEDES- BENZ, VOLKSWAGEN, RENAULT, RENAULT  TRUCKS, FIAT, IVECO e PEUGEOT.

Usuario:

Contrasinal:


Esqueceu o seu contrasinal? Póñase en contacto connosco

 Acceso FTP


Copyright © 2011-2020 Rodríguez López Auto. Todo os dereitos reservados · Aviso legal