Ambulancia sobre furgón / Tipo IISoporte Vital Avanzado / Soporte Vital Básico/span>

SVA / SVB

Outras normas internacionais non EN 1789

Ambulancia baseada en furgón ou furgón compacto, con opción de soporte vital básico ou avanzado.

Vantaxes

  • Personalización do deseño e a distribución interior. Deseño a medida.
  • Personalización da sinalización de emerxencia.
  • Altura interior de máis de 1,80 m (dependendo do vehículo base).
  • Soportes de electromedicina deseñados a medida.
  • Acabado sen xuntas á vista que facilitan a limpeza e desinfección da ambulancia.
  • Tono de cor interior uniforme incluíndo as portas, independentemente da cor do vehículo base.
  • Excelente servizo de posvenda.

Estándares

  • Illamento térmico e acústico do habitáculo sanitario.
  • Mobiliario técnico con materiais lixeiros e propiedades hidrófugas e ignifugas.
  • Recubrimento do piso con pintura proxectada epoxi, con elevación curva no rodapié para un chan antiescorregadizo estanco, duradeiro, de fácil limpeza e desinfección.
  • Asentos con tapizado de fácil limpeza e desinfección, con cinto de tres puntos, respaldo reclinable e reposabrazos abatibles.

Opcións

  • Sistema CAN BUS CARLA 4.0 con pantallas táctiles en cabina, no biombo do habitáculo sanitario, no reposabrazos de butaca e xunto ás portas exteriores de acceso.
  • Panel de control APOLO 2.x
  • Aire acondicionado, calefacción ou sistema de climatización para o habitáculo sanitario.
  • Teito interior configurable con focos LED orientables e grupo de focos de luz fría tipo quirófano.
  • Porta-ampolas extraíble AMPUBOX integrado en mobiliario con persiana e fechadura.
  • Porta deslizante esquerda para aloxar e facilitar o mantemento do cadro eléctrico e as botellas de osíxeno principais.
  • Asentos configurables (pié fixo, pié giratorio, base deslizante, testemuñas de cinto abrochado, bariátrica, etc.)
  • Banco de tres prazas con respaldo anatómico e cinto de seguridade de tres puntos, convertible en segunda padiola.
  • Porta deslizante de comunicación entre a cabina de condución e o habitáculo sanitario.
  • Bancada eléctrica con múltiples opcións (carga/descarga automática, bariátrica, trendelemburg automático, raíl para padiola eléctrica, etc.)
  • Neveira e/ou cámara quenta soros encaixadas no mobiliario.
  • Sistema de seguridade de dobre circuíto e dobre botella de osíxeno.
  • Rotulación exterior e deseño interior segundo imaxe corporativa.


Furgón
Furgón Compacto