Vehículo de Intervención RápidaEmerxencia

Vehículo de emerxencias

Baseado nun vehículo rápido e áxil, está deseñado para unha chegada a escena o máis rápida posible para estabilizar ao paciente mentres a ambulancia está en camiño. Sen capacidade de transporte de feridos, pode dispoñer de equipamento de Soporte Vital Avanzado-

CARACTERÍSTICAS DESTACADAS

Tecnoloxía de Vangarda
Control Táctil CARLA 4.0 O sistema CAN BUS de control de funcións mediante pantallas táctiles é un opcional de valor engadido nas unidades VIR. A interface de cabina (7 polgadas) integra todas las funcións de emerxencia do vehículo mediante unha electrónica programada de forma personalizada segundo as características da transformación. Descubre CARLA 4.0
Sinalización de Emerxencia de Última Xeración
RLAJ6 y RLAJ7 RLA dispón dunha ampla gama de solucións de sinalización luminosa de emerxencia. Os módulos RLAJ7 dianteiro e RLAJ6 traseiro poden utilizarse conxuntamente o combinarse con ponte de luces ou outros sistemas. A utilización de pilotos bicolores en RLAJ6 habilita dous modos de funcionamento segundo o estado del vehículo: modo direccional ámbar en situación de parada ou modo emerxencia azul noutro caso. Descubre RLAJ7 e RLAJ6
Visibilidade 360º
Estroboscópicos perimétricos A seguridade na condución de vehículos de emerxencia depende de xeito directo da súa capacidade para seren vistos de forma anticipada. Para garantir a máxima protección da dotación e dos usuarios da vía, incorpórase un avanzado sistema integral de iluminación de emerxencia con pilotos estroboscópicos LED de alta intensidade, deseñado para ofrecer unha cobertura total de 360° e minimizar o tempo de reacción do resto de usuarios da vía.
Presenza en Todos os Escenarios
Estroboscópicos específicos A integración de pilotos estroboscópicos nas esquinas do parachoques e sobre os pasos de roda melloran significativamente a visibilidade en interseccións e cruces de contornas urbanas, onde os edificios e outros vehículos poden solapar parte de la sinalización de emerxencia. Os pilotos en la calandra dianteira e o parabrisas reforzan a presenza nos retrovisores de vehículos precedentes. Os pilotos nos cantos de portas e portón traseiro protexen ao persoal sanitario co vehículo parado.
Solucións Personalizadas
Deseño á Medida Para cada proxecto individual ou prototipo de grandes frotas asígnase un equipo de enxeñeiros multidisciplinares. Conxuntamente co cliente defínese cada detalle da ambulancia. Os Departamentos de I+D apoiados pola ampla maquinaria dispoñible nas instalacións permiten desenvolver e fabricar solucións innovadoras requiridas nas especificacións. Instalacións RLA
Optimización Enerxética
Panel Solar Para mellorar a autonomía en cada servizo instálanse paneles solares de alta eficiencia sobre o teito do vehículo. Desta forma conséguese unha recarga constante para o mantemento da segunda batería (batería de carrozado), encargada de alimentar os sistemas críticos (neveiras de medicación, electromedicina, iluminación de emerxencia, iluminación de traballo e sistemas de radiocomunicación).
Equipamento Accesible
Bandexa Extraíbel de Alta Capacidade O uso de guías telescópicas industriais de extracción total permite desprazar todo o equipamento en voadizo para un acceso inmediato, ergonómico e desde tres frentes simultáneos. Este centro operativo avanzado está configurado para la integración directa de todo o material de soporte vital: electromedicina con tomas de carga integradas (12V/230V), neveira de compresor, cámara quenta-suoros, soporte de botellas de osíxeno, mochilas de intervención, dispositivos de inmobilización, etc.
Accesibilidade Dual
Portón Abatible Cando a contorna de intervención o require é posible acceder ao equipamento esencial de forma directa a través dos portóns abatibles do hard-top ou furgón, sen necesidade de extraer o carro, manténdose completamente recollido e bloqueado no interior.

Datos Técnicos

MERCEDES-BENZ Vito / Clase A
FORD Ranger
VOLKSWAGEN Multivan / Amarok
RENAULT Kadjar / Austral
TOYOTA Land Cruiser / Hilux
LAND ROVER Discovery
PEUGEOT Biper / 3008
FIAT Scudo / Panda
Outras Marcas Consultar
Ficha Técnica Próximamente