Ambulancia sobre caixón / Tipo IIISoporte Vital Avanzado / Soporte Vital Básico

Chasis-Cabina + Caixón SVA / SVB

Ambulancia chasis-cabina con caixa para normas internacionais non EN 1789. Deseño e equipamento para soporte vital básico ou avanzado.

CARACTERÍSTICAS DESTACADAS

Tecnoloxía de Vangarda
Control Táctil CARLA 4.0 O sistema CAN BUS de control de funcións mediante pantallas táctiles é unha opción de valor engadido para ambulancias Tipo III. As interfaces de cabina (7 polgadas) e zona de paciente (10 polgadas) pódense complementar con mandos MMI (4,3 polgadas) en calquera localización. A electrónica prográmase de forma personalizada segundo as características de cada transformación. Descubre CARLA 4.0
Sinalización de Emerxencia de Última Xeración
RLAJ5 Dispoñible para caixón RLA Slim e caixón RLA estándar, o spoiler de teito integral RLAJ5 está equipado con estroboscópicos de alta eficiencia RLA FL6 distribuídos en todo o perímetro superior do vehículo. Nos laterais e zona traseira as ópticas intégranse coa caixa. Para a zona de cabina desenvolveuse un sobreteito que mellora significativamente a aerodinámica e incorpora cinco ópticas en varios niveis. O resultado é un vehículo cunha carrozaría integral e unha superficie continua, con visibilidade de 360º.
Espazo Ergonómico
Área de Tratamento O uso combinado de bancada con desprazamento lateral / lonxitudinal, xunto coa versátil gama de butacas RLA permiten a atención do paciente desde calquera posición. As butacas xiratorias laterais pódense orientar cara á camilla ou no sentido da marcha. O desprazamento lonxitudinal ou a butaca de cabeceira de camilla sobre guías permiten axustar a distancia para unha atención óptima. Se se opta por raíis aeronáuticos no chan para o porta-camillas e as butacas, a configuración pode modificarse segundo as necesidades do servizo.
Mural para Electromedicina
Soportes sobre Raíis Os aparellos de electromedicina instálanse en soportes deslizantes sobre raíis. Isto permite situar cada elemento na posición óptima. O sistema permite soportes orixinais ou fabricados á medida por RLA. Os raíis compleméntanse con tomas de corrente e oxíxeno estratexicamente situadas, ademais de barras LED de iluminación. Saber máis
Solucións Personalizadas
Deseño á Medida Para cada proxecto individual ou prototipo de grandes frotas asígnase un equipo de enxeñeiros multidisciplinares. Conxuntamente co cliente defínese cada detalle da ambulancia, incluíndo as dimensións do caixón e a configuración das portas. Os Departamentos de I+D+i, apoiados pola ampla maquinaria dispoñible nas instalacións, permiten desenvolver e fabricar solucións innovadoras requiridas nas especificacións. Instalacións RLA
Segunda Camilla
Banco de 3 / 4 prazas Como opción para cando é necesario transportar a máis dun paciente, o banco de tres ou catro prazas, que dispón de respaldo e cinturón de seguridade de tres puntos, pódese converter en segunda camilla cando a principal está en uso. O propio banco incorpora un soporte para taboleiro espiñal que se pode colocar enriba e ao longo do asento co paciente acomodado sobre el. A segunda función dos cinturóns de seguridade permite suxeitar o conxunto para un transporte en condicións de seguridade. Saber máis
Estrutura de Caixa RLA
Perfís de Aluminio O caixón para chasis cabina está deseñado para ofrecer unha solución robusta e lixeira. Fabricado en perfil de aluminio de alta calidade, este caixón é significativamente máis lixeiro (ao redor do 30%) que os modelos tradicionais de aceiro, sen comprometer a resistencia e durabilidade, cunha alta resistencia á corrosión e ao desgaste. A utilización dos perfís nos marcos de todas as portas fai que todo encaixe á perfección, sen folgas nin desencadramentos.
Zona de Paciente Confortable
Illamento Térmico e Acústico Para a caixa utilízase panel sándwich con illamento térmico e acústico constituído por placas de poliéster e núcleo, unidos por adhesivo bicompoñente poliuretánico. No núcleo intégranse estruturas de aluminio para conseguir a resistencia estrutural que require a carrozaría. Deste xeito o habitáculo sanitario queda libre de ruídos exteriores, por debaixo de 77 dB(A) a 120 Km/h (compatible coa Norma Europea EN 1789).
Acabado sen Xuntas
Lacado completo interior, selado de xuntas O lacado interior que se aplica a toda a estrutura do mobiliario sela as xuntas e evita a filtración de líquidos e pequenas partículas. A desinfección da ambulancia é moito máis efectiva e é resistente á limpeza continua. Saber Máis
Chan Técnico Hidrófugo Antideslizante
Pintura proxectada epoxi Sobre todo o chan proxéctase pintura epoxi ata unha altura mínima no rodapé de 5 cm. Así créase unha base da ambulancia estanca, antideslizante e de fácil desinfección. Saber máis
Iluminación Directa
Teito Interior As barras LED ao longo de todo o teito permiten iluminar todo o habitáculo asistencial. Os focos orientables de luz fría de teito actúan sobre zonas concretas para facilitar o traballo aos técnicos. A luminosidade na zona de tratamento é superior a 1.650 lx e a temperatura de cor sitúase entre 3.800 K e 4.300 K seguindo a Norma EN 12464-1:2011. Saber máis
Materiais Confiables
Antibacterianos, hidrófugos e retardadores de chama Para mellorar a seguridade, utilízanse materiais interiores retardadores de chama segundo a Norma ISO 3795:1989. O uso de taboleiro plástico ou MDF xunto co acabado superficial interior do chan, o mobiliario e o teito, resulta nunha estrutura hidrófuga que evita a acumulación de patóxenos.
Apertura de 270º
Portas traseiras Para mellorar a seguridade do paciente e a ergonomía para os técnicos, desenvolveuse un sistema de apertura total das portas traseiras con posibilidade de bloqueo a 270º e 90º. Isto facilita a carga ou descarga da camilla ao dispoñer de máis espazo en todo o contorno da zona traseira, facilitando a carga de camillas estándar, camillas bariátricas, sistemas de incubadora ou sistemas para pacientes ECMO entre outros.
Porta deslizante
Porta corredeira lateral Como alternativa ás portas de bisagra con ou sen amortecedor, o sistema de porta deslizante exterior desenvolvido por RLA para un ou ambos os laterais da caixa, integra o mecanismo do raíi central por fóra do vehículo sen sobrepasar os retrovisores. Isto deriva nun aumento do espazo interior sen prexuízo das medidas exteriores. Como o resto de portas, intégranse no peche centralizado do mando orixinal do vehículo.
Equipamento de acción
Portas Exteriores Grazas ás dimensións da caixa, resulta moi práctico ocupar parte do espazo con material de acción facilmente accesible desde o exterior do vehículo para situacións de intervención rápida. O equipo tamén pode ser accesible desde o interior mediante frontes abatibles do mobiliario.
Climatización para Todas as Situacións
Aire Acondicionado e Calefacción CARLA 4.0 xestiona eficientemente o sistema de climatización para alcanzar automaticamente a temperatura seleccionada. Pode utilizarse o modo manual para un fluxo de ventilación máis preciso. Tamén están dispoñibles outras opcións como calefacción estacionaria de gasóleo, climatización eléctrica coa ambulancia conectada á rede eléctrica ou aire acondicionado reforzado para países cálidos.

UN MUNDO DE POSIBILIDADES

Datos Técnicos

MERCEDES-BENZ Sprinter Chasis-cabina
MAN TGE Chasis-cabina
RENAULT Master Chasis-cabina
RENAULT Maxity Chasis-cabina
PEUGEOT Boxer Chasis-cabina
IVECO DAILY 4x4 Chasis-cabina
Outras Marcas Consultar  
Ficha Técnica Próximamente