RLAJ1 e RLAJ1+Spoiler Integral para Ambulancia

A EFICIENCIA DA NOVA XERACIÓN

Un novo deseño vangardista e funcional acompañado dunha eficiencia sen precedentes. A nova configuración do spoiler integral de emerxencia incorpora pilotos estroboscópicos de alto rendemento RLA FL3 e RLA FL6, cun equilibrio excepcional entre visibilidade e consumo. A combinación de diferentes conxuntos de LEDs e distintas ópticas dotan á ambulancia dunha mellor visibilidade desde calquera ángulo e com maior capacidade de penetración na distancia. RLA FL3 conta con tres LEDs fronte aos seis de RLA FL6, ambos con protección IP65 e disipación de calor optimizada.



Ademais da iluminación de emerxencia e de área estándar, a configuración de pilotos pode adaptarse ás necesidades de cada servizo: pilotos bi-cor para barra direccional traseira ámbar e/o para réplica de intermitentes nas catro esquinas, pilotos de balizamento para visibilidade desde o aire, pilotos de alta penetración brancos no módulo dianteiro central, entre outros.

O deseño aerodinámico mellorado deséñase para cada modelo de vehículo en particular nunha soa peza, minimizando a resistencia ao aire, reducindo o consumo e aumentando a estabilidade.

Como pode un spoiler de sinalización de emerxencia mellorar a ergonomía? O tipo de construción da versión RLAJ1+, con só 55 mm máis de altura exterior respecto a RLAJ1, consegue unha altura interior do habitáculo sanitario de ata 2,05 metros, facilitando o desprazamento en posición ergueita e xerando unha mellor sensación de amplitude.


Vantaxes

  • Altura interior do habitáculo sanitario de ata 2,05 metros na versión RLAJ1+
  • Combinación de pilotos RLA FL3 e RLA FL6 con distintas potencias e ópticas
  • Maior seguridade grazas á visibilidade de 360º
  • Mellor tracción, estabilidade e seguridade na condución
  • Deseño aerodinámico para un menor consumo
  • Múltiples opcións de personalización

Opcións

  • Módulo frontal central: estroboscópicos de emerxencia estándar, estroboscópicos de alta penetración ou iluminación de área frontal
  • Barra de luces direccional traseira con pilotos bi-cor: ámbar con vehículo estacionado para desviar o tráfico, azul en modo emerxencia
  • Pilotos bi-cor azul/ámbar nas catro esquinas para replicar os 4 intermitentes do vehículo
  • Pilotos estroboscópicos de balizamento para dar información da orientación da ambulancia a vehículos aéreos
  • Cor de pilotos adaptados á normativa de cada país: azul, vermello, ámbar, blanco, etc.

Datos Técnicos

Mercedes-Benz Sprinter RLAJ1, RLAJ1+
MAN TGE RLAJ1
Volkswagen Crafter RLAJ1
Outras marcas Proximamente  
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. A navegación implica a aceptación das mesmas. ACEPTAR | Máis información